We run away, but we
don’t know why.
A hora da fuxida non segue a lóxica
do tempo,
se é que algunha vez este se
guiou por algún sentido
común
iso somos, notas repetidas dunha
melodía discordante
dependente das caixas torácicas
de cada quen.
Non coñezo pautas para o baleiro.
Por coñecer, diría que só sei o
meu nome,
e tan siquera ese foi un proceso
participativo.
Mais lembro a ferida, tan ben,
que sinto a costra
incluso antes do impacto.
O meu corpo queda, como queda o meu nome,
pero hai tempo que me expandín fóra
das costuras.
Para atopar remendos
habería que volver á carne,
á consciencia de como era o tempo
antes da primeira fuxida
tan lonxe, tan afastada do
sentido das horas
como o está do sentidos dos
nomes,
da individualidade da que dotamos
a pel,
a pel
esa que tamén se repite,
recubrindo milleiros de caixas
torácicas no fondo iguais,
como universais foron
sempre as pantasmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario