viernes, 27 de febrero de 2015

Os insomnes

Non foron suficientes as horas sen durmir
para adiviñar o matiz do sol primeiro na herba.

Os insomnes, ademais de durmir pouco, senten raro.
Senten a destempo, cando os outros dormen.
Ata que xa non saben se senten ou soamentes teñen sono.

Algo de raro  si ha de ter querer cambiar o mundo de noite.
Que clase de revolución é a que se fai mentras a xente durme?

Algún insomnes, coma min, ademais de durmir pouco, son caóticos.
Eu escribo para intentar ordenarme.
Ou para que me entre o sono, ou para ambas.

Quizais escribo para. Para alguén. Para outros insomnes.
Para os pesadelos. Ou para paralos.

Por que escribo non me importa.
Os porqués non se escriben, chóranse.

As horas sen durmir seguen a ser poucas
para deixar de vivir verdades que non existen de día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario